Pedriño Chosco nunha das suas viaxes

Pedriño Chosco nunha das suas viaxes

domingo, 4 de octubre de 2015

De paseo por Vimianzo

Ola de novo!

Nesta viaxe fun a ver uns dolmenes pola zona de Vimianzo. Vos sabedes a súa función? Son coma as nosas propias pirámides exipcias, eran monumentos funerarios en homenaxe a unha persoa importante da tribu.

Estes monumentos fixéronos os "galegos" que viviron aquí entre os anos 4.000 e 3.000 a.d.C. e dicir, que levan aquí uns 6.000 anos!!! Espero que vaiades a velos e os coidedes para que boten aquí outros tantos anos!

Espero que vos gusten as miñas fotos!!!

Dolmen de Pedra Moura

Dolmen de Pedra Cuberta
Ata a próxima viaxeeeee!!!

lunes, 28 de septiembre de 2015

Pedriño estrease na rede!

Ola a tod@s!!

Neste blogue vouvos contar as miñas aventuras polo mundo adiante. Tratarei de poñervos fotos MIÑAS!! nas que saio moi guapiño ;-) Pero o primeiro é o primeiro... vouvos contar quen son:

Chámome Pedro Chosco, Pedriño pra vos. Son o elfo do sono, a miña tarefa é durmir aos nenos botándolles uns polvos máxicos nos ollos. Hai quen dí que cando un neno me ve queda con un ollo pechado e outro non o pode abrir.

Hoxe eme moi tarde e non vos podo contar moito máis.

Eu vou botar unha cabezadiña.



Boas noiteeeesss!